O Concello de Boiro abre a selección para o persoal docente do Obradoiro de Emprego medioambiental

04 Novembro 2024

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do equipo docente e directivo do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns IV – Boiro. O obradoiro terá unha duración de 9 meses nos que se van formar a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de Instalación de elementos de carpintería e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

O Concello explicou que ao abeiro desta iniciativa realizaranse procesos selectivos para a contratación de 1 mestre par a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; 1 mestre para a especialidade de instalación de elementos de carpintería; e 1 técnico medio forestal. As actuacións que se van desenvolver no marco deste programa formativo son tarefas de conservación e valorización do Camiño A Orixe; cerramentos no Pazo de Goiáns; mellora e sinalización e pasarelas do Camiño A Orixe” consolidación de frondosas en diversos puntos; ou mellora das faixas secundarias de incendios.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos comúns como son os de ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público; non padecer enfermidade ou defeco físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións; non ter sido desapedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública; non incorrer en causa de incompatibilidade.

Ademais destes requisitos, no caso dos mestres deberán contar co nivel de recoñecemento en lingua galega CELGA 4, permiso de conducir B e estar en posesión de título de grao universitario ou equivalente e Certificado Profesional de habilitación para a docencia. O técnico/a forestal deberá contar co nivel de recoñecemento en lingua galega CELGA 4, titulación de ciclo formativo de grao medio en aproveitamento e conservación do medio natural e permiso de conducir B.

As persoas que desexen participar na presente convocatoria deberán presenta as súas instancias nun prazo de 10 día hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. As bases dos procesos e toda a información está dispoñible na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.