O Concello da Pobra repartirá árbores de Nadal entre os negocios da localidade

14 Novembro 2024

Achégase a época do Nadal e o Concello da Pobra do Caramiñal xa está ultimando todo cara estas datas, tanto no que respecta a actividades como a decoración dos espazos públicos.

Para “incrementar o carácter vistoso das rúas”, a Concellaría da Promoción Económica repartirá 200 árbores entre os negocios do municipio. Unha acción que se repite por segundo ano consecutivo co obxectivo de “convidar ao sector comercial e hostaleiro a engalanar o exterior dos seus locais”, apuntou a edil Amparo Cerecedo.

Pode solicitar a súa árbore calquera tipo de negocio: salóns de peiteado, inmobiliarias, tendas de alimentación, establecementos de téxtil…

Dispoñen ata o 25 de novembro para anotarse a través do enderezo electrónico promocioneconomicapobra@gmail.com e o repartimento efectuarase a finais de mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.