O Concello da Pobra amplía o prazo de inscrición nos obradoiros de robótica e deseño e impresión 3D

04 Novembro 2024

Durante os martes das vindeiras semanas impartiranse na Pobra do Caramiñal obradoiros de robótica e deseño e impresión 3D promovidos pola Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal. Con relación aos mesmos, o Concello ampliou o prazo de inscrición, polo que tamén permanecerá aberto ao longo de toda a presente semana para a cobertura da totalidade das prazas ofertadas. Este trámite formalizarase a través do enderezo electrónico mocidade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981843281.

Deste xeito, aprázase o inicio deste itinerario formativo de balde. Finalmente, serán nos martes 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro, na Casa da Mocidade.

“Con estas dúas accións seguimos formando á cidadanía en competencias dixitais. Son dúas actividades gratuítas e dirixidas a tódalas idades. Quedan algunhas prazas libres en cada unha, polo que optamos por incrementar o tempo para anotarse e atrásase, polo tanto, o inicio deste itinerario formativo. Queremos que se completen os grupos para que que tamén se establezan interesantes sinerxías dentro da súa dinámica”, explicou o concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido.

O obradoiro Robótica celebrarase das 16.00 ás 18.00 horas e versará sobre a programación de videoxogos en Scratch; electrónica e programación de compoñentes en S4A; e manexo e programación dun robot.

Doutra banda, Deseño e Impresión 3D será dende as 18.00 ata as 20.00 horas, tramo no cal se fará unha introdución á impresión 3D, deseños en Tinkercad, instalación e uso do laminador Cura e impresión de pezas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.