O CIMA celebra unha xornada de intercambio de experiencias dos bolseiros

28 Novembro 2024

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar, celebrou hoxe unha xornada onde o persoal titulado superior e o persoal do ciclo formativo superior presenten e compartan as experiencias durante a súa etapa como bolseiros da neste centro de investigación. No evento participaron vía streaming o alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, e do centro Marqués de Sarmiento de San Cibrao – Cervo (Lugo), onde se acaba de implantar para este curso 2024/2025 as ensinanzas do ciclo medio de Acuicultura e na FP dual.
Tamén estivo presente a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, quen puxo en valor o traballo que se desenvolve nos centros de investigación dependentes da Consellería con múltiples proxectos vencellados ao sector pesqueiro galego. Nesta liña, sinalou a importancia de reter o talento que saen dos centros de formación autonómicos, que son referentes a nivel nacional, para seguir reforzando ese labor investigador que permita afondar na innovación e competitividade dun sector estratéxico para a economía galega que representa o 4,8% do PIB e do que dependen ao redor de 50.000 empregos.
Así amosaron a súa experiencia formativa Concepció Illanes que está preparando o seu TFM na Universidade de Coruña, Nuria González e Anxo Túnez, bolseiros de titulación superior, e Angela Fajardo, Lara Míguez e Iago Porto,bolseiros de ciclo superior. Tamén houbo unha mesa redonda composta por Luca Cheffer e Estela Herbón, que están realizando as súas FCT do ciclo medio do Igafa e Carlos Leiro e Andrés Casal do ciclo superior no mesmo centro. Na actualidade no CIMA están desenvolvendo actividades de formación como bolseiros dúas persoas con titulación superior, tres persoas con ciclo superior en acuicultura (unha en Corón e dúas en Ribadeo), unha persoa da Universidade da Coruña está realizando a parte experimental do seu TFM e unha persoa da Universidade de Vigo está realizando as prácticas curriculares do seu grao.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.