O alumnado de Tahume IX adéstrase na formación de cooperativas e de proxectos empresariais

05 Novembro 2024

As persoas que participan no Obradoiro de Emprego Tahume (Tahume IX), impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para fomentar a ocupabilidade na comarca poñendo o foco na formación teórico-práctica en eidos ambientais (principalmente) de gran demanda profesional, acudiron os días pasados a unhas xornadas de emprendemento incluídas (a xeito de peche) no módulo de asesoramento para a creación de empresas do obradoiro.

Entre outras actividades, acudiu a unha charla coa responsábel de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas que lles expuxo como funcionan as cooperativas e como se forman, amosando unha forma de emprender ao alcance de todas as persoas. Grazas a esta sesión e ás intervencións de Aitor e Fran, coñeceron a experiencia de Arreda Coop Galega, unha cooperativa formada tras un obradoiro de emprego adicada ao sector forestal e afincada en Boiro.

Como colofón final, recibiron a visita de Rafa, da Fundación Ronsel, quen leva xa varios anos colaborando cos Concellos de Porto do Son e Ribeira asesorando a moreas de persoas que desexan emprender e poñer en marcha a súa empresa. Na xornada integrada en Tahume IX mostrou como canalizar os recursos dos que dispoñemos para levar a cabo a materialización dunha idea de negocio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...