O alumnado de Tahume IX acondiciona a praia de Ornanda e os exteriores do Centro de Saúde de Xuño e das escolas de Carballosa e Caamaño

08 Novembro 2024

O alumnado de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira, acondicionou os días pasados cadansúa contorna verde do Centro de Saúde de Xuño e das Escolas de Educación Infantil de Carballosa e Caamaño.

Ademais, o alumnado de conservación e mellora de montes de Tahume puxo a punto, con labores de acondicionamento e mellora, a contorna verde da praia de Ornanda, en Portosín.

Como dixemos, o Obradoiro de Emprego Tahume (edición IX) vén da man dos Concellos de Porto de Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación dos ditos municipios que se atopa en situación de desemprego.

As especialidades impartidas nesta convocatoria de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.