O alumnado de 3º da ESO do Colexio Galaxia lanza un proxecto audiovisual para conmemorar o 25N: “Querida Nai”

25 Novembro 2024

A comunidade do terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria do Colexio Galaxia de Ribeira, comandada polo profesor Fernando Yáñez, docente de Educación Plástica e Arte no dito centro educativo, presentou unha relevante campaña informativa e de sensibilización social con motivo deste 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Trátase, máis en detalle, dun proxecto audiovisual feito e guionizado polo alumando de 3º ESO polo 25N, destinado a concienciar á sociedade da necesidade de seguir traballando na igualdade e no respecto, así como na loita contra as agresións machistas. O proxecto chámase Querida Nai, e pódese ver en Youtube.

O proxecto, segundo nos explica o profesor Fernando Yáñez, consiste nunha versión da famosa campaña norueguesa contra o machismo Querido Papá que se fixo viral en 2015.



Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.