O alumnado da UCA de Ribeira entrega camas e xoguetes feitos a man ao refuxio de animais

10 Novembro 2024

O alumando da escola-obradoiro de carpintería da UCA de Ribeira, ao abeiro do proxecto Patas Solidarias, entregou os días pasados material diverso para mellorar a calidade de vida do refuxio de animais. O material consistiu basicamente en xoguetes e camas para o refuxio (Los Olvidados de la Perrera de Ribeira). No lote de agasallos, ademais das camas feitas a man cos seus colchóns e mantas, incluíase tamén unha vintena de correas e xoguetes. Os traballos foron desenvolvidos polos usuarios da UCA (Servizo de Drogodependencias) baixo a supervisión do carpinteiro Manolo Casades e contando coa dirección de Jesús Cartelle. Na entrega do material nas instalacións do refuxio participou o concelleiro de Sanidade, Juan Furones. Dende o refuxio tiveron palabras de fondo agradecemento pola entrega deste equipamento, e máis tendo en conta a relevante cifra de animais aos que dá acubillo (máis de corenta cans, incluíndo cachorros e sénior) e tendo en conta tamén a necesidade de protexelos das inclemencias do inverno que se aproxima.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.