O 22 de novembro inaugúrase o Museo do Gravado unha mostra de homenaxe a Ribeira coa técnica do gyotaku

16 Novembro 2024


A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital vai inaugurar o vindeiro 22 de novembro a mostra Homenaxe a Ribeira. Gyotaku gravado, a partir das 20.30 horas na sala 0 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza do director do Museo, Pastor Rodríguez, e do presidente da fundación e alcalde de Ribeira, Luís Perez Barral. Esta exposición está formada por trinta e oito obras dos participantes dos tres cursos de gravado realizados entre decembro de 2023 e xullo de 2024 onde se impartiu a técnica do gravado gyotaku. Contarase tamén coas imaxes do fotógrafo Luís Polo que ilustran o proceso da recollida do peixe na lonxa de Ribeira.

Os profesores que impartiron as actividades formativas dos cursos, todos eles da Universidade de Salamanca, foron José Fuentes Esteve, Antonio Navarro e Isabel Carralero. Para dar forma á mostra, todos os peixes utilizados na realización das obras proceden da Lonxa de Santa Uxía.

O gravado gyotaku, para quen non o o saiba, o gyotaku é un método tradicional artístico xaponés. Esta técnica consiste na impresión natural dun obxecto, na súa orixe peixes (gyotaku é unha palabra composta na que “gyo” significa “peixe” e “taku” significa “fregar”). Esta técnica data de mediados de 1800. Trátase dunha forma de impresión natural que foi empregada usada por pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas, pero tamén converteuse nunha forma de arte.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.