Muros aposta por un Nadal para todas as idades con mancheas de obradoiros, festivais e espectáculos

28 Novembro 2024

O Concello de Muros compartiu este 28 de novembro o seu programa de actividades de Nadal, unha axenda ateitada de propostas para todas as idades nas que os principais protagonistas “serán os nenos e nenas”, segundo confirmaron as/os participantes na cita cos medios, na que se agradeceu a colaboración e a implicación dos centros educativos de Muros e das seguintes asociacións e entidades: CA Serres Runners; ED Os Miúdos; ADISBISMUR; AC O Xeito; AC Fouleada, e AC Agrocovo.

“Presentamos unha programación ampla e variada, na que traballaron varias concellerías e que levará o Nadal a todas as parroquias de Muros”, asegurou a alcaldesa, María Lago, que agradeceu “o agarimo e a colaboración da comunidade educativa e do tecido asociativo local”. Un agradecemento no que coincidiu Caridad González, que como concelleira de Cultura adiantou “un programa de música e teatro para que desfruten as familias”, como a cita do 28 de decembro co espectáculo A Xanela do Maxín. Rato Perez.

Segundo explicaron, a axenda comezará en Esteiro (o día 4 ás 18h na Axencia de Lectura) e Louro (o día 5 ás 18h no Centro Social), que acollerán dous obradoiros creativos de contos, adobíos e postais para público infantil e familiar antes do acto do prendido das luces de Nadal, que será o xoves 5 de decembro ás 19.00 horas no Curro da Praza, despois da actuación de Cayetano Lledó e antes dunha visita guiada polo centro histórico.

O venres 6 ás 17h celebrarase outro obradoiro infantil na Sala Nasmo, ás 17h.

O sábado 7 o Edificio do Mercado de Muros acollerá outro taller ás 11h e pola tarde, ás 16h, celebrarase outro obradoiro de postais na Casa Reitoral.

O domingo 8 haberá un espectáculo teatral en Esteiro, no local da SCRD Esteirana ás 18.30h: os Contos de Pepe (Xosé Agrelo Hermo) da man de O Xeito Teatro.

O programa inclúe obradoiros e sesións de contacontos en todas as parroquias, un concerto de Nadal da Escola Municipal para os usuarios do Centro de Día (o mércores 11), un mercadiño solidario o venres 13 coa colaboración dos centros educativos ou a Gala de Premios Barbantia de Cultura 2024 (o sábado 14 no Auditorio do Centro Cultural, ás 12.30h).

O sábado 21 será a Gala do Deporte (ás 18.30h), o domingo 22 o Festival Benéfico de ADISBISMUR (ás 11h), o venres 27 a Festa de Nadal no Pavillón de Miraflores (ás 17h) e o sábado 28 a San Silvestre de Muros (ás 20h). O 3 de xaneiro celebrarase a Festa de Reis no Pavillón Xosé Lago de Esteiro, a partir das 17h.

Destacar tamén dúas grandes citas do Nadal en Muros: a visita de Papa Noel a Muros o 23 de decembro e a tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.

A programación completa estará dispoñíbel na web municipal e máis no Facebook do Concello.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.