Muros ponse de fronte contra o consumismo enchendo locais baleiros de arte e responsabilidade

27 Novembro 2024

Proseguen as actividades da campaña Muros Consciente 2024 impulsada polo Concello e o tecido comercial local para reivindicar hábitos de consumo saudábeis e sostíbeis que repercutan positivamente no comercio de proximidade e diametralmente opostos ás compras do Black Friday (que repercuten case na súa totalidade en multinacionais externas e contribúen a xerar graves problemas ambientais). Ao abeiro da axenda deste programa colleu corpo o Museo na Rúa A luz que enche os espazos baleiros.

Trátase “dunha inspiradora exposición que transforma os locais baleiros do Concello en auténticos faros de reflexión”, explicou a alcaldesa, María Lago.

En concreto, A luz que enche os espazos baleiros é un convite a “ver a beleza e o potencial no baleiro, pero tamén a ser parte activa dun futuro máis sostíbel”, unha proposta crítica na que contribúen artistas comprometidas contra os hábitos de consumo que degradan o medio ambiente, provocando abuso de plástico, sobreconsumo e unha mala xestión dos recursos.

O Concello agradeceu a “total disposición e colaboración por parte das artistas”, e enviou “un especial agradecemento a todas as persoas propietarias dos baixos baleiros, que con tanto gusto nolos cederon para as exposicións das obras”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.