A influencia anticiclónica regresará este mércores, traendo consigo unha xornada marcada pola presenza de néboas matinais e nubes baixas que se disiparán ao longo da mañá.
Esta clareira dará paso a ceos despejados, permitindo que o sol brille con forza na maior parte do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas tenderán a subir, creando un ambiente máis cálido pola tarde que cehagrá ós 25-26 graos. Os ventos, predominantemente do sur-sueste, serán frouxos, o que contribuirá a unha xornada agradable en xeral.

O noso mar: Vento do sueste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, mar rizado á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



