“Máis de 200 millóns de euros para afondar en 2025 na actividade marisqueira galega”. Antón Luaces

25 Novembro 2024

Un novo encontro  entre o conselleiro do Mar, Alfonso Villares e os representantes das Federacións de Confrarías de Pescadores permitiu a estes coñecer as previsións da Xunta na cogobernanza da xestión pesqueira e marisqueira  en Galicia, de cara  ao novo exercicio orzamentario no que a Consellería do Mar disporá de 220 millóns de euros (aproximadamente un 3% máis ca no ano 2024). Trátase de recursos que permitirán afondar nas políticas de apoio á actividade extractiva  e reforzar as actuacións de apoio postas en marcha durante este ano.

O conselleiro e as confrarías avaliaron o grao de execución do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo de Galicia e analizar posibles novas necesidades do sector susceptibles de seren recolleitas en próximas actuacións. O responsable autonómico salientou a regulación das coñecidas como “demasías” na modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia que vai incluída na Lei de Medidas que se está a tramitar xunto cos Orzamentos autonómicos para o vindeiro exercicio. O obxectivo é que os pósitos poidan contar entre os seus recursos o obtido en primeira venda dos excedentes de marisco  que en ningún caso poden superar os topes establecidos no propio plan de xestión  ou nas autorizacións mensuais emitidas pola Consellería. 

Estas medidas, dixo o conselleiro, mellorarán o financiamento propio das confrarìas para atender as actividades vinculadas cos plans de xestión do marisqueo, favorecendo a súa autonomía económica. Este cambio nornativo permitirá, dixo asimesmo, o desenvolvemento regulamentario desta pràctica, facilitando a súa ordenación e aplicación baixo criterios uniformes á vez que aporta transparencia na forma en que cada unha das entidades realiza a xestión de excedentes. 

Villares e o seu equipo informaron ao sector das medidas executadas ou en execución no marco do plan autonómico por valor de máis de 50 millóns de euros en axudas diretas, medidas de apoio económico e planificación recollidas no plan dotado con 123 millóns de euros, cifras que para Alfonso Villares  reflicten o avanzado grao de execución dos compromisos acadados  cos máximos representantes do sector pesqueiro. Como exemplo puxo as achegas autonómicas de carácter extraordinario para profesionais e entidades sectoriais, ás dirixidas, ás paradas temporais da actividade extractiva, á xestión integral dos recursos biolóxicos mariños, á protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas ou os proxectos de planificación, adecuación e mellora das zonas de produción.

Cómpre agora a resposta efectiva desta planificación dun sector que reckama máxima atención nujnhas cjrcujnstancias para nada favorables aos seus intereses.

Outros artigos

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

+

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...

+

“Xornada laboral” – José Manuel Pena

A conciliación da vida familiar e laboral é cada vez máis interesante para a maioría de traballadores, de aí a importancia que ten a redución da xornada laboral e que ademais é unha tendencia xeneralizada na Unión Europea. O artigo 34 do Estatuto dos Traballadores,...

+

“Maduro y Franco”. José Castro López

Dos personajes, Maduro y Franco, coparon la actualidad la semana pasada y dosinformaciones sobre ellos merecen este comentario.La primera es la carta del lector de un periódico (La Voz de Galicia, 11.01.2025)firmada por Javier Sanz bajo el título “Silencios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...