José Otero Ares, Gastrolab Arousa e o Grupo JJ Chicolino, Premios ABE 2024

11 Novembro 2024

A ABE comunicou o remate do prazo habilitado para que os socios e socias da patronal boirense escolleran o palmarés dos premios da entidade, un prazo de votación que tivo “moi alta participación”, xa que se recibiron 760 votos récord absoluto de todas as edicións dos premios. Este proceso saldouse finalmente co acordo de destinguir cos Premios ABE deste 2024 a José Otero Ares, Gastrolab Arousa e o Grupo JJ Chicolino. En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 55 negocios diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 71.

Daniel García, presidente da ABE, na cerimonia dos Premios ABE de 2023

Mellor comercio

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Gastrolab Arousa o espazo gastronómico de Miguel Mosteiro, chef seleccionado para representar a cociña galega na Expo de Milán 2015, CIIE Shanghai 2019 e Foodex JAPAN 2020; relator en moitas das feiras gastronómicas máis prestixiosas da xeografía estatal: Alimentaria (Barcelona), Salón Gourmet (Madrid), Fórum Gastronómico (A Coruña), Fórum Gastronómico (Xirona), Gourmet Black Label (Pontevedra), Fórum Gastronómico (Santiago de Compostela), Conxemar (Vigo), Salimat (Silleda), FITUR (Madrid), Salón Náutico de Barcelona, ​​etc.

A ABE destaca o labor de Gastrolab organizando todo tipo de eventos gastronómicos tanto nas súas instalacións como a domicilio: demostracións, festas gastronómicas, campañas de difusión de produtos, servizo de catering personalizado (cociñeiro a domicilio, banquetes, eventos populares…), obradoiros gastronómicos como degustacións e maridaxes, cursos de cociña dirixidos tanto a profesionais como afeccionados, consultoría, I+D, etc. Ademais, conta cunha tenda para grandes seareiros da cociña, onde poden adquirirse os produtos máis exclusivos para o fogar.

Mellor empresa

Na categoría de mellor empresa a gañadora foi Grupo JJ Chicolino que con máis de 20 anos de experiencia. Está formado por catro empresas que aportan todo tipo de solucións para os sectores industriais máis importantes como o mariño, o alimentario, etc. Cada empresa ten produtos específicos e a interrelación entre eles permite ofrecer solucións complementarias que, doutro xeito, obrigarían ao cliente a acudir a distintos provedores: JJ Chicolino (fabrica e comercializa todo tipo de produtos para a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o cultivo de mexillón: redes, cordas e cordas para mexillón, varas de agarre, cadeas, complementos, etc), EGALSA (produtos e solucións de envasado: mallas tubulares, bolsas, caixas de madeira e plástico, maquinaria de envasado industrial, baleiro e envasado, accesorios, etiquetas, etiquetado de envases, envases, palés), ROTOGAL (empresa referente en produtos e solucións de rotomoldeo, contedores e palés rotomoldeados isotérmicos, boias de amarre e de cultivo mariño, barreiras viarias, servizo de rotomoldeo baixo petición, etc) e Oziona (empresa especializada en ofrecer solucións para o entretemento: instalación e deseño de parques infantís, instalación e construción de pistas polideportivas, instalación e construción de pistas de pádel, campos de fútbol con herba artificial, ximnasios ao aire libre…).

Premio de honra

Trátase dun galardón acordado pola xunta directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dunha persoa empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera unha traxectoria destacada.

Nesta edición o galardón recaeu en José Otero Arias fundador en 1977 da empresa Boirense Electrodomésticos Otero (Grupo Cenor) unha empresa familiar que sempre estivo á vangarda da tecnoloxía e os mercados cun local de 650 metros cadrados que permite ofrecer aos clientes un gran catálogo de electrodomésticos, imaxe, informática e son para o fogar.

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador: “Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dun dos comercios con mais tradición da localidade; pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo; e pola súa capacidade de traballo, esforzo e adicación ao negocio”.

Gala de entrega de premios

A gala celebrarase o vindeiro venres 22 de novembro a partir das 20:30 hs no local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria. A entrada é exclusivamente con convite e contarase con photocall, musica en directo a cargo de Catuxa Salom, pinchos, e sobre todo a presenza do tecido empresarial do concello na que será a festa dos empresarios de Boiro.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...