Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados esta mañá dun incendio que afectou a unha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira.
O foco inicial do lume foi iniciado dun deshumificador que ardeu e afectou a unha habitación, queimando completamente o obxecto, roupa e parte dunha estante con libros. O operativo procedeu a extinguir o foco e ventilar todas as estancias cun turboventilador.
Participaron tamén a Policía Local e o SMPC de Ribeira.