Incendio nunha antiga fábrica de Rianxo mobiliza un amplo dispositivo de emerxencias

28 Novembro 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro intervindo en incendio na Rúa Castillo no Concello de Rianxo. Xunto Policía Local de Rianxo e Protección Civil Rianxo Perfil Oficial.

Na tarde de hoxe 28 de novembro de 2024, sobre as 18:25 horas, produciuse un incendio nunha nave que resulta ser unha antiga fábrica situada na rúa Castillo (Rianxo). No interior da nave foi localizada e identificada unha persoa cando se inspeccionaron as instalacións unha vez apagado o incendio.

Policía local Rianxo

Na zona de O Castillo, en Rianxo, un incendio na antiga fábrica conserveira situada preto do recheo portuario activou un importante despregamento de emerxencias. Participaron os bombeiros de Boiro, Protección Civil de Rianxo, Policía Local e Garda Civil.

O incidente iniciado a media tarde deste xoves, xerou preocupación entre os veciños debido á proximidade de vivendas ao edificio industrial. Con todo, os danos materiais foron mínimos. Ao acceder ao interior da nave, os equipos de emerxencias descubriron unha fogueira que, segundo presúmese, fora acesa para subtraer pezas de cobre. A Garda Civil identificou a unha persoa que se atopaba no lugar e que podería ser responsable do lume.

Aínda que o incendio non se estendeu máis aló da fogueira, a queima de material plástico xerou unha densa fumareda que escapou polo tellado do edificio tapiado, o que alertou aos residentes da zona. Instrúe dilixencias sobre os feitos acontecidos a Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...