“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

01 Novembro 2024

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiados
escondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho de
morto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na que
ti ou todos vostedes dobregan para volver e volven. Ao chegar é outra cousa, non hai nada
do esperado. Maldita sexa!
Sensatos á carta cabal, todos. Uns chegaban da mina, outros aterraban en porto seco e
moitos mollaban a camiseta, para describir onde estaban. Alí, na cima do monte pousados,
esperaban, cantaban e, mesmamente, bailaban, Na cima do monte estaban, como se fosen
terra mollada, supuraban.
Viñan de lonxe ou chegaban daquela esquina apurados. Eran os mesmos do ano pasado,
corrían para que non chovera e chovía, brandía o tempo, chovía a esgalla e moitos mollaban
a testa e deixaban chover para que a temporada pasara. E pasou. Choveu a torrentes, con
tanta abundancia que afogaba ás árbores de folla verde.
Na equina da estrada, onde cruzaban os nenos ao chegar da escola, estaba ela agardando a
soldada, tal como se fose unha asalariada. Era a sombra da nogueira caída que esperaba
pola noite pechada ou polas estrelas previas á madrugada. Na esquina da estrada estaba
ela, Eduviges, e alí continuaba. Eran outros tempos e outras historias, pero a mesma
miseria, a mesma intolerancia e a mesma rabia. Eles sábeno ben e cálano ata que pase a
friaxe. Despois, de que falamos?
De amor! De amor falarán todos eles. Poñerán a man no peito, respirarán profundamente,
sentirán o ruxir das súas meixelas inchadas e deixarán que o vento sega traballando na
construción do tempo e do espazo, como se o aire fose o dono do universo, dos ruídos e dos
silencios.
Na esquina estaba ela, agardando. E non sabemos que agardaba. A señora segue, antes da
rotonda, parada e ninguén sabe nada, ninguén di nada, nin pregunta nada. Ninguén pensa
nin deixa de pensar. É a esquina onde se pousa a nada, o esquecemento, a ausencia da
mirada e do valor da palabra. A Tía Manuela dio moi ben, “é alí, onde a ninguén lle importa
ren, no ermo da mirada, lonxe de calquera situación san e fóra de tódalas escusas”.
Azóutalle e zorrégalle no cu o temporal, ese que mata a xente sen mesura, que destrúe
cidades enteiras, estradas e casas. Ese que vén e arrasa sen deixar tempo para que os
vixiantes da meteoroloxía poñan remedio. En todo caso, hai a quen lle serve a desgracia
para esconder detrás dela a súa ruindade, a súa cativeza intelectual e a mesquindade
persoal.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.