Durante o sábado teremos os ceos moi abertos en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ós 26 graos. Os ventos soprarán do sueste frouxos en xeral, do nordés moderados entre Bares e Fisterra pola tarde.
O noso mar:
Sábado: Vento do leste á mañá e á noite e variable á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Domingo: Vento do sueste, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, mar rizado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove