Este xoves proseguen as Xornadas Sociosanitarias de Outes cunha sesión centrada no colesterol e as súas consecuencias

27 Novembro 2024

Este xoves 28 de novembro prosegue cunha nova sesión divulgativa a XIX edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes, abeiradas ás cuartas Xornadas do Programa Universitaria do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da USC), e co obxectivo de informar á veciñanza das cuestións máis relevantes do ámbito da saúde e da calidade de vida.

A cita será como dixemos este 28 de novembro de 2024 coa conferencia Aumento do colesterol: consecuencias impartida pola doutora Pilar Mazón Ramos, xefa da Sección Departamento Cardioloxía do CHUS de Santiago. Dará comezo ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

Lembrar que o ciclo arrincou o mes pasado coa conferencia Enfermidades da pel. Prevención e tratamento, a cargo do doutor Emilio del Río de la Torre, dermatólogo da Clínica Dermalar.

Máis actividades do ciclo

A axenda cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa está novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Como dixemos, as actividades proseguen este 28 de novembro con Aumento do colesterol: consecuencias, a cargo da doutora Pilar Mazón Ramos, xefa de sección do Departamento de Cardioloxía do CHUS de Santiago.

O 19 de decembro celebrarase Hipertensión arterial: diagnose, tratamento e seguimento, da man de Antonio Pose Reino, da Unidade de Hipertensión e Risco Vascular do Servizo de Medicina Interna do CHUS de Santiago.

O 30 de xaneiro de 2025 intervirá o doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, co relatorio Diabetes: a epidemia silenciosa.

O 27 de febreiro celebrarase Deporte de saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC.

O 27 de marzo será a quenda do relatorio Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...