En Ribeira, este venres “A Traxedia do Santa Isabel” nunha xornada de divulgación do Parque Nacional das Illas Atlánticas

13 Novembro 2024

Dentro do ciclo “Coñece o teu Parque Nacional”, o Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza este venres en Ribeira unha xornada de divulgación á cidadanía.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) anuncia unha nova xornada na que se poderá coñecer, polo miúdo, que aconteceu na traxedia do vapor-correo Santa Isabel.

Na ría de Arousa atópase o arquipélago de Sálvora, que forma parte do PNMTIAG. Este arquipélago tamén está formado por illas máis pequenas como Noro, Vionta ou Sagres e por multitude de pequenos illotes menores e baixos que dificultan a navegación. Un deses baixos, Pedra da Pegar, é tristemente famoso por ser o lugar onde embarrancou o Santa Isabel.

Nesta charla, da man do Cronista Oficial de Ribeira, Xosé María Fernández Pazos, afondaremos no relato dos feitos, as emocións e as vidas dos que estiveron involucrados na catástrofe.

A charla, será este venres. 15 de novembro. ás 19:30 na Sala Polivalente do Auditorio (novo). Ribeira. A Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.