Educateatro leva a Porto do Son as aventuras de Carapuchiña Vermella (este domingo ás 18.00 horas)

27 Novembro 2024

Prosegue esta fin de semana a axenda do I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son. E farao coa función Carapuchiña vermella, de Educateatro Producións, que presenta o espectáculo como “un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán á protagonista na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas”. Durante o camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai. Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manter informado ao público de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña…

A función será este domingo 1 de decembro na Casa da Cultura de Porto do Son, a partir das 18:00h. A entrada será gratuíta e as entradas poden ser recollidas nas Casas da Cultura de Portosín e Porto do Son. Organiza a Área de Cultura do Concello coa colaboración de Cultura da Deputación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.