Detidas dúas persoas por ocupación ilegal dun edificio en Ribeira

16 Novembro 2024

Segundo a información proporcionada polos corpos de seguridade a través das súas rede sociais, na mañá deste sábado, a Policía Local de Ribeira e a Policía Nacional realizaron unha intervención conxunta que resultou na detención de dúas persoas tras acceder de xeito ilegal ao inmoble recentemente desaloxado por orde xudicial. A acción tivo lugar na Rúa Xosé Ramón Barreiro Fernández, onde os detidos intentaron ocupar un edificio que fora previamente desaloxado, A intervención tivo lugar grazas á activación dunha alarma antiocupación para evitar precisamente este tipo de feitos.

Os ocupantes accediron ao inmoble despois de romper a malla metálica que protexía unha das fiestras da parte posterior do edificio. Unha vez no interior, foron localizados pechados nun dos pisos, co claro intento de permanecer no lugar de forma ilegal. Foi neste momento cando se procedeu á súa detención e posterior posto a disposición da autoridade xudicial.

A Policía Local e Nacional apelaron á colaboración cidadá para poder actuar de forma máis eficaz ante posibles intentos de ocupación en futuras ocasións. Solicitouse a veciñanza que informe rapidamente ante calquera intento de ocupación ilegal para poder atallar este problema, que se considera unha das principais preocupacións na comunidade actualmente. Teléfono Policia Local: 981 8711 78

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.