Constituída a comisión para a celebración do 75 cabodano de Castelao

07 Novembro 2024


O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu na mañá deste 7 de novembro a constitución da comisión para a conmemoración do 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, finado en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. “É unha ocasión propicia para celebrar a vida e a obra dunha personalidade irrepetíbel e de tan alta transcendencia na historia contemporánea de Galicia”, apuntou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, no inicio deste primeiro encontro que busca unha celebración plural e diversa, aberta a toda a cidadanía.

Na xuntanza participaron representantes do Parlamento de Galicia, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, das catro deputacións, das tres universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia Galega de Belas Artes, do Museo do Pobo Galego, do Museo de Pontevedra, da Fundación Castelao e dos Concellos de Pontevedra, Rianxo e Santiago de Compostela.

Na xuntanza acordouse a constitución desta comisión, aberta á incorporación doutras entidades, que coordinará as actividades de conmemoración.

O vindeiro 7 de xaneiro celebrarase unha homenaxe no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres que abrirá as celebracións que se sucederán ao longo de todo o ano.

Na xuntanza deste 7 de novembro participaron Elena Candia, en representación do Parlamento de Galicia; Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; Miguel Anxo Seixas, da Fundación Castelao; Jorge Cubela, por parte da Deputación de Pontevedra; César Manuel Fernández Gil, da Deputación de Ourense, e Aurelia Balseiro, por parte da Deputación de Lugo. A Real Academia Galega e a Real Academia Galega de Belas Artes estiveron representadas por Víctor F. Freixanes e Maximino Zumalave respectivamente. Xosé Henrique Monteagudo representou a Universidade de Santiago de Compostela; Benigno Fernández Salgado, a Universidade de Vigo, e María Dolores Candedo, a Universidade da Coruña. En representación do Museo de Pontevedra estivo a súa directora, Ángeles Tilve Jar, e Concha Losada asistiu en nome do Museo do Pobo Galego. Por parte dos Concellos de Rianxo, Pontevedra e Santiago de Compostela estiveron, respectivamente, os concelleiros de Cultura Julián Bustelo Abuín, Demetrio Gómez Xunqueira e Míriam Louzao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.