Comida Club de Xubilados de Aguiño e Carreira

17 Novembro 2024

No acto estiveron o alcalde de Ribeira, o tenente alcalde, a concelleira de Educación e os concelleiros de Sanidade e Mar.
O tenente de alcalde destacou o labor das persoas maiores na construción da parroquia e reafirmou o compromiso do Concello para mellorar a súa calidade de vida.
Durante o encontro, o alcalde expresou o seu agradecemento aos maiores por todo o que achegaron ao longo das súas vidas ao desenvolvemento e benestar de Aguiño.

“Vós construístes esta parroquia co voso esforzo, traballo e formando familias”, sinalou.
O evento, que reuniu a preto de 300 veciños e veciñas, serviu como espazo para reforzar os lazos de unión e gozar dun día cargado de bos momentos. Nas súas palabras, o alcalde reiterou o compromiso do Concello con este colectivo, lembrando que “as persoas maiores merecen uns servizos públicos de calidade e asegurou “seguiremos traballando para coidar de vós”.
Finalmente, agradeceu á parroquia de Aguiño e Carreira e aos organizadores o seu esforzo en facer posible este evento. “Se algo aprendín de vós é que non hai idade para desfrutar das coisas realmente importantes: familia, amizades e dos momentos como este. Grazas por este día, seguide así porque sodes o corazón da parroquia de Aguiño”.

Concello Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.