Casa Peto (Outes) e os xeodestinos Barbanza Arousa e Ría de Muros-Noia obteñen distincións nos Premios de Turismo da Deputación da Coruña

08 Novembro 2024

A Deputación da Coruña celebrou este venres 8 de novembro no Hotel NH Finisterre da Coruña a I Gala de Turismo da institución provincial, onde fixo entrega dos premios de turismo aos proxectos gañadores: o Hotel – Restaurante Balarés (Ponteceso), Eu fun de vivo (San Andrés de Teixido, Cedeira), Nacional VI, Bela Fisterra e Casa Peto (Outes). Ademais, a entidade provincial entregou uns distintivos aos 8 xeodestinos da provincia (incluído Barbanza Arousa) e aos 2 entes de xestión das cidades de A Coruña e Santiago de Compostela,

Proxectos premiados

Un xurado composto polas técnicas de turismo de Carballo, Dumbría e Ames, Maite Parga, Ada González Fernández e Sonia Moure Oliveira respectivamente, e o profesor da facultade de turismo da Universidade da Coruña, Carlos Rodríguez Carro, foi o encargado de elixir ás propostas gañadoras nas cinco categorías.

Na primeira delas, mellor iniciativa de innovación e calidade turística, o xurado decidiu premiar ao Hotel – Restaurante Balarés (Ponteceso). Na segunda, mellor iniciativa de sostibilidade social aplicada ao turismo, a Bela Fisterra. Na terceira, mellor iniciativa da posta en valor da autenticidade do territorio o premio é para o proxecto Eu fun de vivo de Sergio Muíño (Cedeira), de posta en valor sustentábel de San Andrés de Teixido. A cuarta categoría, o mellor proxecto de turismo emerxente, o premio é para Ruta Nacional VI, un road trip pola histórica estrada N-VI entre Madrid e A Coruña. E, na última categoría, toda unha vida dedicada ao turismo, o xurado decidiu recoñecer a traxectoria de Dolores García, Lolita, cociñeira e copropietaria de Casa Peto (Outes).

Todos eles recibiron unha peza de Jorge Eiroa que consistía nun nó, que, segundo lembrou a Deputación, “significa conexión, vínculo, forza, en representación do sector turístico, que traballa unido e forte, creando unha oferta competitiva e que poña en valor conceptos como a sustentabilidade, a defensa do territorio e a cultura e a identidade”.

Na valoración, o xurado tivo en conta os seguintes criterios: fomento do turismo responsable, tanto a nivel económico como social e medioambiental; o cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; a implantación das melloras a nivel de calidade turística; a promoción e comunicación dos proxectos; o uso do galego; a aplicación de políticas de xénero; a aplicación de políticas laborais que axuden á conciliación e á mellora das condicións; a adaptación de medidas de accesibilidade universal e o desenvolvemento de políticas de emprego de calidade, incluíndo accións que fomenten a redución da temporalidade, fomenten a fixación de poboación local e cumpran de forma íntegra cos convenios correspondentes.

Recoñecemento aos xeodestinos e entes de xestión das cidades

Ademais dos premios de turismo, a Deputación fixo entrega duns galardóns, unha obra de María Crúa, aos 8 xeodestinos da provincia e os dous entes de xestión das cidades de Santiago de Compostela e A Coruña: Ferrolterra; As Mariñas; Costa da Morte; Terras de Santiago; Ría de Muros – Noia; Barbanza – Arousa; Ulla – Tambre – Mandeo e Terras da Comarca de Ordes; Incolsa e o Consorcio de congresos e turismo da Coruña.

A Deputación recoñeceu así, o traballo do sector turístico da provincia, nunha gala conducida pola xornalista Lorena Pose, que contou coas intervencións do presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e que reuniu a máis de 150 asistentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.