As persoas empadroadas en Lousame xa poden inscribirse no espectáculo “Rock ‘n’ magic” do Mago Teto

18 Novembro 2024

O Concello de Lousame abre o prazo de reserva de entradas para o espectáculo Rock ‘n’ magic, do Mago Teto, segunda e derradeira sesión do Festimaxia 2024 que se celebra este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. As entradas son de balde e están dispoñibles dende hoxe en bandoticket.com.

Ata as 14:00 horas do xoves 21 de novembro, as entradas estarán reservadas unicamente para persoas empadroadas en Lousame. De quedaren prazas libres, abrirase o espectáculo á participación de persoas doutros municipios. Dende o Concello de Lousame tamén solicitan ás persoas que se anoten, e que finalmente non poidan acudir ao Festimaxia, a que chamen á Casa da Cultura para poder así deixar a súa butaca a outras persoas.

Rock ‘n’ magic

O espectáculo Rock ‘n’ magic, dirixido por Fran Rei, é algo máis ca unha función de maxia, é un concerto de rock and roll no que estará acompañado por Fer Risco, na batería, e Mon Orencio, na guitarra. Deste xeito, os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar dunha actuación onde a maxia do Mago Teto convive con algúns dos clásicos do rock como Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves.

Esta actuación mestura as dúas paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia, conformando un espectáculo cargado de ilusión, ritmo, humor e moita, moita tralla. Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e ilusións máxicas comparten protagonismo coas estrelas do rock, presentes a través dunha banda en directo. Un espectáculo único que está organizado e financiado polo Concello de Lousame e que porá o punto e final ao Festimaxia Lousame 2024.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.