As narracións de “Contando en feminino” e “Soa” de Rogelia dos Outeiros abren en Rianxo a axenda do 25N

12 Novembro 2024

Rianxo ten na axenda do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres) varias actividades moi relevantes que iremos coñecendo ao longo destes días. A axenda dará comezo este venres 15 de novembro, co espectáculo de narración oral Contando en feminino: Contos sobre a igualdade, a cargo de Asociación Lisitrata, coa contadora Ana Hermida. Será ás 19h no Centro Sociocultural Faustino Rey Romero – Casa da República – Isorna. Trátase dunha función familiar abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña que inclúe historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.

Ademais, o venres 22 Rogelia dos Outeiros achegará ás 20.30h (no Auditorio) o monólogo Soa, dirixido por Fran Rei. Trátase dunha función para público de máis de 12 anos de idade (entrada de balde). Esta proposta abéirase ás actividades de Rianxo con motivo do 25N (Día contra a violencia de xénero). Soa é a primeira produción en solitario da xa veterana actriz Rogelia dos Outeiros. Neste espectáculo atopámonos cunha muller que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia, unha válvula de escape para liberarse da pesada carga que sempre lle acompaña. Así, descubrimos unha cruel realidade que leva agochada xa demasiado tempo, nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.