Aprobadas en Rianxo as ordenanzas das oito vivendas sociais do Concello

08 Novembro 2024

O Concello de Rianxo informou da aprobación das ordenanzas que regulan o uso das oito vivendas sociais do Concello localizadas na rúa dos Mestres. O regulamento obtivo impulso definitivo no pleno da Corporación, contando coa unanimidade de todos os grupos. Trátase dos textos regularán os criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas, así como a taxa que deberán aboar as persoas que as ocupen.

Nos textos faise saber que o prazo da cesión das vivendas será de dous anos, porén este poderase renovar por novos prazos bianuais ata un máximo de seis anos. O nivel de ingresos da unidade de convivencia será o elemento fundamental á hora de valorar as solicitudes de cesión, mais teranse en conta tamén outros como as condicións da vivenda na que reside a unidade de convivencia solicitante ou mesmo a composición desta.

A taxa a aboar por parte das unidades de convivencia que ocupen as vivendas será variable e fixarase en función da renda per cápita das ditas unidades.

As ordenanzas someteranse a exposición pública por un prazo de trinta días dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ao remate deste proceso abrirase un prazo para que as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude de uso dalgunha das oito vivendas.

Proxecto referencial de posta en valor

A rehabilitación das Casas dos Mestres de Rianxo foi un dos grandes proxectos da comarca dos pasados anos en materia de rehabilitación e políticas sociais: un exemplo referencial de recuperación de vivendas e espazos cun marcado fin social impulsado e consolidado na anterior lexislatura e prolongado polo Goberno local actual. O proxecto de rehabilitación abrangueu a recuperación de oito vivendas, co obxectivo de adicalas a alugueiro social ou a dar acollida a persoas vítimas da violencia machista ou en situación de emerxencia. As Casas dos Mestres levaban máis de medio século abandonadas e en estado de progresivo deterioro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.