Ambar realizou unha actividade de “Land Art” en Couso

18 Novembro 2024


A comunidade de usuarias e usuarios da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva da comarca do Barbanza e con sede principal en Ribeira, levou a cabo o pasado sábado 16 de novembro unha actividade de Land Art.

Segundo explican dende Ambar, o concepto Land Art engloba unha disciplina artística que estivo en auxe durante os anos 60 e 70 a cal consistía
en realizar pezas de arte, a maior parte delas efímeras e moitas delas en pleno contacto coa natureza, ao aire libre e en plena comuñón coa terra (en todo sentido do termo), de aí ao seu nome.

A través dela pretendíase volver a un arte primitivo e poñer en valor os recursos naturais.

A actividade realizouse en Couso, Aguiño, iniciando arredor das 11:30h. As persoas participantes fixeron un pequeno percorrido pola contorna de Couso, onde recolleron materiais naturais que atoparon pola natureza para realizar unha pegada artística efímera na contorna.

Con esta actividade, Ambar pretende impulsar o seu compromiso co medio ambiente e a concienciación cos espazos naturais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.