Adxudicada a renovación do firme de tres rúas do centro da Pobra

21 Novembro 2024


O Concello da Pobra do Caramiñal informou da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022. Esta intervención focalízase na renovación do firme en tres vías do núcleo urbano, nas proximidades da Casa Consistorial, coa finalidade de que presenten un correcto estado para garantir o tránsito de vehículos e persoas en condicións de seguridade.

Presentáronse 5 ofertas a este proceso e a execución da actuación recaeu en Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de
72.910’80 euros, cos impostos incluídos. O prazo de execución das obras estímase nun mes dende o inicio das mesmas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.