ADISBISMUR e Limpocean únense para limpar as praias de Carnota, Muros e Outes

15 Novembro 2024

As praias de Carnota, Muros e Outes foron obxecto dunha limpeza integral de lixo grazas á colaboración entre a entidade inclusiva ADISBISMUR e Limpocean (Asociación para Océanos Limpos de Plástico), que lideraron unha acción conxunta de retirada de residuos (plásticos e demais) no marco do proxecto PINEA: Proxecto Interxeneracional de Educación Ambiental. Esta iniciativa logrou sacar dos areais máis de 100 quilos de lixo, demostrando o impacto positivo da colaboración entre xeracións e colectivos en defensa do medio ambiente.

A terceira actividade do proxecto PINEA congregou persoas maiores, nenos e nenas, adolescentes e usuarias/os da asociación de Muros e Outes ADISBISMUR nun esforzo colectivo por restaurar o litoral. Con Limpocean como socio chave, as xornadas combinaron a retirada de residuos con tarefas de clasificación, todo isto mentres se fomentaba a educación ambiental e a reflexión sobre a sostibilidade.

“Foi unha experiencia que uniu xeracións e nos fixo reflexionar sobre a importancia das pequenas accións para lograr grandes cambios”, comentou unha das educadoras sociais de ADISBISMUR.

O proxecto PINEA, que se iniciou en setembro de 2023 grazas ao apoio do GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia: Costa Sostible, busca fomentar a conciencia ambiental a través da inclusión social e o traballo interxeracional. Actividades previas, como charlas sobre os efectos dos plásticos no mar organizadas coa colaboración de Mares da Fin do Mundo, sentaron as bases para a intervención nas praias de Carnota, Muros e Outes.

Limpocean é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada a reducir o impacto dos plásticos no Océano Atlántico, desempeñou un papel fundamental nesta xornada. A súa experiencia e recursos axudaron a que a actividade non só fose exitosa na limpeza, senón tamén na educación e sensibilización dos participantes.

“Esta colaboración foi unha mostra do impacto que podemos conseguir ao unir esforzos locais. Non só limpamos praias, senón que creamos conciencia para protexer o océano”, destacou unha representante de ADISBISMUR.

A acción das praias marca un fito no proxecto PINEA, que continuará ao longo de 2024 con novas iniciativas enfocadas na educación ambiental e na promoción da economía circular. Este tipo de proxectos non só benefician ao medio ambiente, senón que fortalecen os lazos entre comunidades e xeracións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.