A Xunta rexenera a costa de Arousa Norte con máis de 740.000 sementes de ameixa xaponesa

25 Novembro 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora territorial da Consellería do Mar, Maria Cancelo, participaron na sementeira de algo máis de 740.246 unidades de ameixa xaponesa para semente na ría de Arousa. Este lote foi entregado aos mariscadores da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, de acordo coa subvención aprobada de máis de 11.400 euros de axudas de rexeneración polas mortalidades do outono de 2023, financiada con fondos propios da Consellería, a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservacións sustentábeis dos recursos mariños. A delegada lembrou que “desta mesma liña recibiron estas axudas 18 concellos de Galicia por un importe de máis 237.000 euros, e en concreto 9 foron da provincia da Coruña superando o 50% do investimento total das axudas”.

Belén do Campo destacou tamén que esta cooperativa recibe entre o ano 2023 e 2024 axudas do Goberno galego por máis de 186.000 euros, a través de diferentes ordes de axudas, para garantir a actividade económica, social e sustentable para os membros desta entidade.

Os bivalvos teñen un tamaño medio de 18-22 milímetros Os traballos previstos desenvólvense no día de hoxe desde unha embarcación. Trátase, por tanto, dunha iniciativa que, segundo relatou a delegada, “está destinada a conservar o recurso, a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, así como a evitar a perda de zonas naturais”. Ao mesmo tempo, dixo, “estes apoios contribúen ao desenvolvemento de proxectos para fomentar o sector marisqueiro como elemento clave na economía azul de Galicia e unha perspectiva ambiental e socialmente responsábel”. Búscase, en definitiva, apuntou Belén do Campo, “de impulsar a produtividade dos bancos e o emprego no sector”.

Na súa intervención a delegada animou aos galegos a consumir nestas datas pescados e mariscos co distintivo PescadeRías co que tamén conta a Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa.

Belén do Campo engadiu que a Xunta “leva postos a disposición, este ano, do sector marisqueiro mais de 50 millóns de euros para a recuperación da súa actividade e para garantir a sustentabilidade e rendibilidade do colectivo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.