A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

08 Novembro 2024

A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia.

Membros do equipo de goberno municipal estiveron respaldando a concentración convocada dende a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza, para denunciar a falta de persoal médico e a situación de
precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo.
Dende o goberno municipal piden que a Xunta dote o centro de saúde do persoal sanitario suficiente e a tempo completo evitando o deterioro da atención primaria.
Dende o Concello de Ribeira xa se solicitaron ten reunións coa Consellería de Sanidade para tratar de solucionar os problemas e incidir na necesidade de cubrir todo o persoal de baixa, de vacacións, así como o persoal administrativo.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...