A Tomada acolle unha campaña especial de doazón de sangue promovida pola Entidade Urbanística de Conservación do Polígono

07 Novembro 2024

O equipo directivo da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) organizaron durante o día de hoxe unha acción conxunta de doazón de sangue, que ten como obxectivo favorecer a participación activa das persoas que traballan nesta contorna empresarial da Pobra do Caramiñal.

Así, durante toda a mañá deste xoves 7 de novembro, unha unidade móbil da Axencia estivo estacionada diante das instalacións de Protección Civil no Polígono da Tomada, en horario de 09.30 a 14.00 horas para atender a todas as persoas que desexen doar sangue.

Nas xornadas previas á a visita da unidade móbil, desenvolveuse un intenso labor de distribución de información relacionada coa doazón de sangue, co obxectivo de promover a participación dos profesionais.

Así mesmo, ao longo da mañá visitaron a unidade móbil, directivos da Entidade Urbanística, encabezados pola súa presidenta e directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, e o responsábel de xestión de colectas de ADOS, José María Vázquez Estepa, que animaron ás persoas que traballan na área industrial a facer este xesto solidario que ten como obxectivo “fomentar a cultura social favorábel á doazón de sangue”, sinalaron.

Neste sentido, Isabel Cañas, sinalou que “este tipo de iniciativas non só reflicte a responsabilidade social das nosas empresas, senón que tamén fomentam a solidariedade e o apoio mutuo entre todos os que formamos parte desta comunidade.” Ademais, agradeceu a ADOS a “oportunidade de contribuír dunha maneira tan directa e significativa a salvar vidas”.

Agradecemento

Pola súa banda, ADOS quixo agradecer á Entidade do Polígono e ás empresas do mesmo, “pola súa sensibilidade e apoio nesta actividade e lembrou a importancia da contribución das empresas para permitir o desenvolvemento deste tipo de campañas dentro da xornada laboral”.

Neste sentido lembraron que “as campañas en empresas resultan fundamentais para obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias en Galicia, que son as necesarias para que os hospitais galegos poidan desenvolver correctamente o seu labor asistencial”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...