A Pobra recibirá o Nadal este 30 de novembro con luces e música

27 Novembro 2024

A Pobra do Caramiñal dará a benvida ao Nadal co tradicional acto de acendemento do alumeamento e inauguración do belén municipal no 30 de novembro; unha data na que non faltarán as sorpresas.

Primeiramente, dous elfos animarán a praza Alcalde Segundo Durán, a partir das 18.30 horas, para iluminar a árbore e que a luz se estenda a todo o municipio. Despois será o momento de desprazarse ata a praza do Emigrante para contemplar o nacemento e desfrutar da chocolatada.

E, como novidade, incorpórase un concerto do Nadal. Gallaecia Small Band porá o toque musical á xornada, ás 20.30 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

No relativo ao alumeamento, a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, explicou que se incrementa a ornamentación luminosa exterior, con especial énfase no núcleo urbano, se ben tamén se leva ás parroquias. A adxudicación recaeu en Iluminaciones Santiaguesa S.L. por un importe de 33.964’70 euros, con impostos incluídos. Así mesmo, a alameda engalánase con iluminación propia, para cuxa colocación a Administración local destina 15.000 euros.

A edil tamén quixo agradece-lo traballo, un ano máis, de María Sanmartín, xardineira e artífice do belén municipal que, nesta ocasión, contará tamén co talento artístico da rapazada do CAD mediante a confección dunhas casiñas.

Tamén interveu a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, quen fixo fincapé no aumento das partidas orzamentarias para, nestas datas, “desfrutar na rúa en comunidade.” A novidade da actuación musical redundará nun maior dinamismo do centro da localidade ao elixir un lugar tan concorrido, con establecementos hostaleiros e comerciais na contorna, marcando así o arranque da tempada do Nadal.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...