A Pobra presume de “tahumi” na entrada do parque infantil do Castelo

13 Novembro 2024

A rapazada do centro ocupacional do CAD dotou de cor o tahumi elaborado polo dúo de artesáns de SonAgasallo, Ruth González e José Manuel Riveiro.

Trátase dun proxecto socioeducativo impulsado pola Concellaría do Ensino da Pobra do Caramiñal que “busca dar unha segunda vida á natureza morta a través dunha iniciativa que implica ao CAD na elaboración dunha criatura máxica que preside a entrada do parque infantil do Castelo; un lugar con moita visibilidade dada a alta afluencia que rexistra este espazo e para que toda a veciñanza poidamos contempla-lo bo facer dos artesáns e da rapazada do centro ocupacional”, declarou a edil Amparo Cerecedo, engadindo que “continuamos así na liña de colaboración cos artesáns que se iniciara co Mercado do Nadal e co obradoiro Feito coas túas mans.”

Este proceso de transformación dun toco de árbore en arte diferenciouse en dúas fases: a talla correu a cargo exclusivamente de SonAgasallo para, despois, incorporar a creatividade da rapazada do centro ocupacional coa aplicación de cor e tratamento.

O tahumi é un ser concibido polos artesáns que toma o seu nome do monte Tahume, emprazado entre Ribeira e Porto do Son, e que se encarga de protexer a natureza. É unha criatura similar a un trasgo a carón dun cogomelo.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.