A Pobra envía recursos humanos e materiais a un municipio valenciano azoutado pola DINA

07 Novembro 2024

Dende o Concello da Pobra do Caramiñal veñen de anunciar a súa vontade de axudar á zona afectada pola Depresión Illada en Niveis Altos (DINA), concretamente a Aldaia. Máis polo miúdo, A Pobra enviará ao municipio valenciano recursos humanos e materiais: catro voluntarios da Protección Civil e un axente da Policía local partiron na mañá deste 7 de novembro para realizar labores de achique e limpeza de rúas e de seguridade cidadá, ademais doutros traballos que se lles poida encomendar, nesta zona azoutada pola DINA, se ben a localización pode variar segundo as necesidades unha vez no lugar.

Engadir que para todo isto levan consigo un vehículo todoterreo, un remolque, un coche patrulla, xeradores, mangueiras, palas, rastros, caldeiros e bombas de achique, entre outros medios.

“Dende o Concello da Pobra do Caramiñal non dubidamos en poñer a disposición medios humanos e materiais para axudar nos traballos que se están levando a cabo nos municipios afectados pola DINA. Por iso, xestionamos a través da Dirección Xeral de Emerxencias este apoio e iniciamos a planificación para os vindeiros días de estadía, no noso caso, inicialmente, con destino en Aldaia”, manifesta o alcalde e titular da Concellaría de Seguridade, José Carlos Vidal. Sinala que xa a finais da semana pasada se valorou o envío de artigos de primeira necesidade, pero tralas consultas pertinentes “optamos por agardar dado os problemas de loxística e almacenamento alí existentes polo colapso”.

O equipamento do voluntariado permitirá achicar 300.000 litros de auga por hora, mentres que o policía local realizará tarefas de seguridade cidadá durante as noites e apoio a Protección Civil polas tardes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...