A Pobra celebrou a súa oitava edición das Xornadas Micolóxicas

11 Novembro 2024

Na tempada de outono é moi habitual atopar grande variedade de fungos, pois é a época na que estes organismos abrollan con máis intensidade e dende a Pobra do Caramiñal veñen de mergullarse de cheo neste eido dos fungos coa celebración da oitava edición das Xornadas Micolóxicas.

Dicir que este encontro, que promove a Concellaría do Medio Ambiente, nace coa vontade de “divulgar as propiedades e aproveitamentos dun recurso natural que temos nos nosos bosques. A Pobra goza dunha gran biodiversidade no seu litoral, pero tamén nos seus montes. É iso querémolo explorar no outono”, dicía o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro.

Durante a pasada semana desenvolvéronse o conxunto das actividades cun marcado carácter ambiental encamiñado tanto á comunidade educativa da primaria como á poboación en xeral.

Leváronse a cabo obradoiros micófilos e unha exposición integrada polas imaxes galardoadas nas convocatorias previas do concurso fotográfico aos CEP Salustiano Rey Eiras e CEP Pilar Maestú Sierra, amais dunha charla sobre gastronomía e nutracéutica e un obradoiro de inoculación do cogomelo xaponés Shiitake para a cidadanía en xeral.

Cómpre subliñar que a maior parte das propostas concentráronse no domingo 10 de novembro. Nesta xornada primeiro celebrouse unha expedición pola zona de Cabío para inspeccionar algunhas das especies de fungos que máis abundan neste territorio para conformar unha pequena exposición que tivo lugar deseguido no mercado municipal.

Foi esta instalación municipal o punto elixido para un showcooking da man de Luis Arijón, xefe de cociña do restaurante Nojira, con diferentes e innovadoras receitas en base aos cogomelos. Engadir que, con anterioridade a esta mostra de cociña, facíase entrega dos premios do VIII Concurso Fotográfico de Micoloxía, que rexistrou unha participación de 63 instantáneas. O alcalde, José Carlos Vidal, fixo entrega dos galardóns que repartiron un total de 750 euros en premios baixo o formato de vales de compra para trocar no comercio local ou na web Deanshop, resultando gañadores: Sergio Pérez Boullón coa primeira distinción, Tomás Rodríguez Novoa coa segunda e Ramón Carlos Encisa Fraga coa terceira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.