A parada de taxis de Ribeira ten novo emprazamento: diante da estación de autobuses

11 Novembro 2024

O Concello de Ribeira informa á cidadanía do cambio de localización da parada de taxis municipal. Dende este mesmo luns 11 de novembro, o servizo trasládase da súa localización actual na rúa Otero Pedrayo á praza Heroínas de Sálvora, fronte á estación de autobuses.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, esta medida adóptase para poder iniciar as obras de remodelación que se van desenvolver na rúa Otero Pedrayo e que forman parte do proxecto de reforma da praza do Centenario. Explicou que esta actuación establecerase “unha plataforma única entre dous enclaves referentes de Ribeira como son o Centenario e a praza do Concello pero tamén cara á praza Uxío Novoneyra e rúa Mendiño, na que xa se está a actuar”. Con estas actuacións, engadiu o rexedor, vanse gañar espazos públicos centrados nas persoas mellorando a mobilidade, a seguridade e aumentando as zonas verdes.

Recoñeceu tamén que o traslado fíxose de mutuo acordo cos taxis, tras explorar diversas alternativas. Coa localización diante da estación de autobuses búscase “mellorar a funcionalidade do servizo, facilitando á veciñanza a conexión entre diferentes medios de transporte e ofrecendo unha experiencia máis cómoda e eficiente para todas as persoas usuarias”.

Para garantir o confort de traballadores do taxi e persoas usuarias, a brigada de obras do Concello instalou unha marquesiña que dea acubillo nos días de chuvia e instalouse a cabina na que estará o teléfono do servizo.

O rexedor avanzou tamén que esta semana quedará aberta a estación de bus, na que se estivo traballando para habilitar un unha sala destinada aos taxistas, e na que tamén haberá unha sala de agarda para as persoas que usan o transporte público e uns baños públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.