A Garda Civil detén na Pobra a cinco membros dun clan familiar por tráfico de drogas

26 Novembro 2024

Os arrestados, dous homes e tres mulleres, distribuían cocaína, haxix e marihuana a consumidores da comarca

Garda Civil

No marco da “Operación O inferno”, a Garda Civil detivo cinco persoas dun clan familiar acusadas dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas na Pobra do Caramiñal. Entre os arrestados, figuran dous homes e tres mulleres vinculados á distribución de cocaína, haxix e marihuana na comarca do Barbanza.

A investigación comezou en xuño de 2024 tras localizar un punto de venda de drogas no centro urbano da localidade. O líder do grupo, con antecedentes por delitos similares, trasladou posteriormente a actividade a unha vivenda unifamiliar nunha zona illada para dificultar o labor policial. Nese lugar, atendían a máis de trinta compradores diarios as 24 horas do día.

Os axentes lograron deter o xefe da banda cando saía da vivenda en patinete e, pouco despois, arrestaron os outros catro membros. Durante os rexistros, autorizados polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución N.º 3 de Ribeira, interviñéronse 50 gramos de cocaína, 284 de haxix e 1.382 gramos de marihuana almacenados en tarros herméticos. Tamén se incautaron 2.800 euros en efectivo, unha pistola de aire comprimido, varios coitelos e un teléfono móbil.

A operación permitiu desactivar dous puntos de venda de estupefacientes na comarca. O xulgado decretou o ingreso en prisión para o xefe do clan, mentres que os outros catro implicados quedaron en liberdade con cargos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.