A Deputación leva ao Gastronomic Forum á bateeira rianxeira Dolores Gómez e á cociñeira de Casa Peto (Outes) Dolores García

04 Novembro 2024

O Gastronomic Forum Barcelona comezou este luns 4 de novembro co obxectivo de mostrar o mellor da gastronomía mundial, que se citará neste evento que dura ata o 6 de novembro. A área de turismo da Deputación conta cun espazo propio onde promociona a provincia, da man de diferentes produtores locais e cociñeiros.

“A gastronomía é o noso principal reclamo turístico, e foros como este son un excelente escaparate que nos permite dar a coñecer a gran calidade dos nosos produtores e restauradores”, sinalou o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.

Costumes de Galicia (Carballo), A Conserveira (Ribeira), Chichalovers (Santiago de Compostela), Galmesán (Arzúa), Bonilla a la vista (A Coruña), Mariscos de Barallobre (Fene) e Algas de Mar de Ardora (Ortigueira) son os produtores que están ofrecendo degustacións na caseta da Deputación, onde tamén se celebran demostracións impartidas por O Camiño do Inglés (Ferrol); Arrueiro (Laxe) e A Horta do Obradoiro (Santiago).

Este luns foi a quenda de Dani Castro, do Camiño do Inglés, que cociñou vieira da ría de Ferrol macerada en café con crema de champiñóns e aguacate asado, e peixe sapo de lareira, meuniere galeguizada, vexetais ao natural e encurtidos. O cociñeiro ferrolán explicou a orixe de toda a materia prima que elaborou, así como os detalles dos seus pratos. Tamén puxo en valor o territorio e o “entorno privilexiado no que vivimos, onde se da un fenómeno moi peculiar: un encontro do Atlántico e o Cantábrico, que nos da os mellores produtos”.

Ademais do showcookings, houbo presentacións e degustacións dos produtos de Chichalovers e A Conserveira, e tamén unha charla sobre os viños da provincia, impartida polo director executivo (CEO) de Choiva Viños, Alberto Varela.

Todas estas actividades continuarán durante a xornada deste martes 5, que acollerá demostracións de Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro, así como degustacións de Mariscos de Barallobre;  Chichalovers; A Conserveira e Galmesán.

Ademais, no Forum – Taller haberá unha actividade propia, que consistirá na charla Amas da Terra: Legado, cultura e cociña, na que participan Lucía Freitas acompañada de Dolores Gómez, bateeira de Rianxo e presidenta da Asociación Mulleres Salgadas, e Dolores García, cociñeira e copropietaria de Casa Peto en Outes, baixo a moderación do escritor, divulgador, crítico, investigador e columnista gastronómico Jorge Guitián.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.