A Deputación da Coruña impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

14 Novembro 2024

A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP as bases das subvencións destinadas ás confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia para o fomento da súa actividade e a promoción dos seus produtos durante 2025, cun orzamento de 650.000 euros.

As axudas convócanse anticipadamente co obxecto de que os pósitos podan contar con elas a partir do 1 de xaneiro do vindeiro ano.

A Deputación explicou que as subvencións manteñen o incremento orzamentario xa aplicado este ano, cando pasaron de 500.000 a 650.000 euros, “co obxectivo de apoiar non só as actividades, funcionamento e contratación de servizos dos pósitos (ás que se destina medio millón de euros), senón tamén as festas de exaltación de produtos pesqueiros de proximidade, para as que se destinan 150.000 euros, atendendo así unha das demandas do sector”.

En 2025, as axudas que recibirá cada confraría oscilan entre os 7.500 e os 37.500 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia; mentres que as axudas para festas de exaltación de produtos locais do mar oscilarán entre os 1.200 € e os 15.000 euros.

A deputada provincial responsábel da área de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, mantivo durante o ano varias reunións coas confrarías da provincia para recoller de primeira man as súas demandas e necesidades e plasmalas nestas axudas. De feito, a deputada lembrou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...