A comunidade de Amicos desfrutou de castañas asadas no seu magosto celebrado na sede boirense

06 Novembro 2024

O Centro de Atención Integral de Amicos acolleu un ano máis a festa outonal por antonomasia: o magosto. Para celebralo o centro encheuse de castañas asadas, música, baile e moitas actividades lúdicas para coñecer a fondo esta tradición. No evento participaron os usuarios do Fogar Amicos, do Centro de Día e da área de Pekes, así como o equipo da entidade.


A festa celebrouse na tarde deste mércores, 6 de novembro, e xuntou a máis dun cento de persoas. Asemade, a principal atracción da festa, que comezou arredor das 15.00 horas, foi unha máquina de asar castañas das que adoitamos ver polas rúas galegas.

Arredor dela déronse cita moit@s d@s membros da familia de Amicos, que degustaron unhas saborosas castañas ao tempo que desfrutaban da música, o baile e a compañía. Tamén fixeron uso duns recipientes deseñados e elaborados polos mozos e mozas de forma expresa para a celebración.

Ademais, durante os primeiros días desta semana, todos os mozos e mozas de Amicos botaron man da súa creatividade para crear unhas caixas personalizadas como alternativa aos típicos cornetes.

As caixas contaban con dous compartimentos separados, nos que gardar nun lado as castañas asadas e no outro as cascas.

Tamén participaron en distintos obradoiros temáticos, nos que elaboraron decoración do magosto e actividades para coñecer esta festividade.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.