A comarca lembra os 70 anos do naufraxio do pesqueiro Albatros con catorce vítimas
15 Novembro 2024
Catorce mariñeiros, oito de Corrubedo, dous de Muros, un de Seráns-O Son, un da Pobra, un de Ferrol e un de Xixón perderon a vida a altura de Celeiro
Xosé María Fernández Pazos. Cronista Oficial de Ribeira, historiador e xornalista
Este 15 de novembro está marcado na historia da comarca como un dos sucesos máis tráxicos da costa galega no que catorce mariñeiros perecerían no pesqueiro “Albatros”. Corrubedo sería o pobo do que procedían a maioría das vítimas, en concreto 8, dous de Muros e un de O Son, A Pobra, Ferrol e Xixón.
O “Albatros” era un pesqueiro de 35 metros de eslora, e que realizaba a súa faena no mar Cantábrico. A súa tripulación estaba formada por homes de distintas idades e orixes, moitos deles mariñeiros experimentados, pero tamén novos que se sumaron á tradición pesqueira das súas familias.
O 9 de novembro de 1954, o barco partiu do porto de Xixón como o facía habitualmente. A previsión meteorolóxica non anunciaba nada extraordinario, e o mar parecía tranquilo na mañá daquel luns.
O afundimento do “Albatros” tivo lugar a seis millas de Cedeira e segundo as investigacións a causa do naufraxio foi un inesperado cambio nas condicións do tempo. A tormenta que sorprendeu ao pesqueiro estaba acompañada de fortes ventos e ondas “xigantescas”, factores que desestabilizaron rapidamente o barco.
O “Albatros” atopábase en rota o porto da Coruña coa súa parella o “Alcaudón” cando o tempo comezou a empeorar polo que decidiron adiantar o regreso. O buque informou a este último que debido o mal tempo chegaría a porto pasadas as oito da tarde
Segundo a testemuña do único sobrevivente, o mariñeiro de Miño, Juan Varela Fernández, a nave foi golpeada por unha enorme onda que a deixou completamente á deriva, perdendo a capacidade de manobrar e controlando cada vez menos a estabilidade do casco. Inmediatamente outra onda inundou o barco que comezou a afundirse de popa levantado a proa cara arriba e índose rapidamente o fondo.
No momento en que o barco se envorcou , algúns tripulantes estaban en cuberta despois de cear e outros estaban no interior. Uns foron barridos da cuberta e algún quedaron atrapados dentro da embarcación ou foron arrastrados polo mar.
O único supervivente narrou que poido subirse o bote salvavidas mentres os seus compañeiros lle indicaban que cando chegase o mesmo o retivese e esperase por eles. Cando logrou subir o mesmo desmaiouse durante uns minutos, mentres escoitaba as voces dos compañeiros que pouco a pouco ían perdéndose sen que puidera facer nada por eles. Doce horas estivo a bordo o mariñeiro ata que chegou á praia de Baldaio onde foi socorrido por veciños saíndo cara a Coruña.
A historia do naufraxio conta con anécdotas e curiosidades como a que fixo que un dos mariñeiros quedara en Xixón xa que fora despedido, o que lle salvou a vida. O seu pai estaba no peirao da Coruña pensando que era unha das vítimas ata que o supervivente lle informou que se salvara. Precisamente, Juan Varela, aínda que lle tocaba descansar, substituíu a un compañeiro enfermo.
Co paso dos días recuperáronse algúns corpos, un deles a altura de Fisterra unha semana despois do afundimento. Ese mesmo venres celebraríanse honras na parroquia coruñesa de Santa Lucía e o Estado enviaría axudas ás familias das vítimas.
Oito veciños de Corrubedo, un de A Pobra, un de Seráns- O Son, dous de Muros, un de Ferrol e outro de Xixón, serían as vítimas mortais daquela traxedia da que so se salvou un mariñeiro:
-Lino Chouza Martínez, de Corrubedo, patrón de pesca, casado, con seis fillos.
-José Graña Carnés, de Corrubedo, patrón de costa, casado, con dous fillos.
-Luis Álvarez Alonso, de Xixón, primeiro maquinista, casado, con dous fillos.
-José García Brión, de Corrubedo, contramestre, casado, con dous fillos.
-Segundo Maneiro Ageitos, de Corrubedo, cocinero.
-Crisanto García Martínez, de Corrubedo, mariñeiro, solteiro.
-José Pérez García, de Corrubedo, mariñeiro, casado.
-Manuel Calo Rodríguez, de Corrubedo, mariñeiro,solteiro.
-José Mariño Prego, de Corrubedo, mariñeiro.
-José Pérez Vidal, de Seráns, mariñeiro, solteiro.
-Manuel Domínguez Lojo, de A Pobra do Caramiñal, segundo maquinista, casado, con dous fillos.
-Juan Vázquez Martínez, de Muros, fogueiro.
–José Martínez Mayo, de Muros, fogueiro.
-Manuel Mauriz Rico, de Ferrol, fogueiro.
Juan Antonio Varela Fernández, de Miño, mariñeiro, casado cunha filla. Único supervivente.
Portos de Galicia e o Concello de Noia impulsarán unha actuación que permita recuperar a conexión peonil da pasarela do paseo marítimo da localidade. Como primeira medida, e por razóns de seguridade, ambas administración colaborarán no peche temporal da...
O Concello de Muros vén de comunicar a paralización cautelar das obras na zona intermareal de Punta Abelleira, por "non contar coas autorizacións pertinentes". O pasado 11 de setembro, a asociación ecoloxista ADEGA denunciou diante do Concello de Muros, de Augas de...
O Concello de Ribeira organiza as IV Xornadas “Muller e Saúde”, que desta volta desenvolverase baixo o epígrafe Nutrición e saúde das mulleres. A iniciativa ten como obxectivo promover hábitos alimentarios beneficiosos para a saúde e achegar información e ferramentas...
O Concello de Ribeira recibiu unha delegación de catro profesionais do International Learners Directorate (ILD) de Malta, organismo gobernamental especializado na atención educativa e inclusión de persoas e familias migrantes. A visita, enmarcada nunha mobilidade...
“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...
Desembarcou no porto de Vigo o 7 de agosto de 1924, cargada de cámaras e acompañada do seu pai, que levaba o diario da expedición. Chamábase Ruth Matilda Anderson, de Nebraska. A Hispanic Society of America, con sé en Nova York, mandábaa ao norte de España para deixar...