A axenda cultural rianxeira vén esta “finde” con exposicións, obradoiros de banda deseñada, regueifas, concertos e unha muiñada (no Te)

07 Novembro 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades programadas pola Área de Cultura municipal para esta segunda fin de semana de novembro, sumando á listaxe, como de costume, as propostas organizadas polas asociacións con sede no termo municipal rianxeira.

VENRES 8

12:30 h Acto de apertura da exposición de fotografías Fauna Esencial de Afundación, Obra Social Abanca, no marco do programa Corrente Cultural. Unha mostra do proxecto Cultura por Alimentos. A exposición estará aberta ao público nos horarios de apertura do Auditorio entre os días 8 de novembro e 8 de decembro.

19:00 h Auditorio de Rianxo. Ás 19.00 horas do venres 8 celebrarase un Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez. Trátase dunha proposta dirixido a mocidade de 08 a 13 anos ao abeiro do programa FalaRedes promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Precisase inscrición previa, no correo cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono  981 100 688. Inscricións ata o venres 08 ás 14.00 h ou ata esgotar prazas.

20:00 Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. Regueifando pola Coruña (improvisación oral). Trátase dun desafío oral entre os grandes regueifeiros da comarca de Bergantiños, con Antonio e Suso de Xornes. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

SÁBADO 9. A partir das 10.30 horas nos Muíños do Cubo (O Araño) celebrarase a terceira edición da Muiñada no Te. Organizada pola Asociación de Veciños do Araño, ao longo da mañá do sábado 9 retómase esta proposta adiada do mes de outubro que inclúe un amplo programa de actividades, caso dun roteiro polo rio con visita aos muíños e moenda, animación musical, xogos tradicionais, e rematara cuns petiscos e un concerto a cargo de Pelos y Cia (versións pop rock). Unha proposta aberta a todos os públicos que conta coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación da Coruña.

21:00 Centro Sociocultural-Auditorio – Sala Arcos Moldes. VII Memorial MIreya Dieste. Presentación de A Mansión dos anxos. Música de Salao de compositores pontevedrinos do século XIX. Coa presenza do editor Javier Jurado e co concerto a cargo de Alejo Amoedo ao piano. Proposta organizada pola Irmandade da Música Galega, en colaboración co Concello de Rianxo e de Dos Acordes.

DOMINGO 10

12:30 Auditorio de Rianxo – Sala Arcos Moldes. VII Ciclo de Novos Intérpretes – Four For De Slide. Segundo dos concertos organizados ao abeiro do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello, na intención de achegar ao público as novas xeracións de artistas, neste caso un fantástico Cuarteto de Trombóns. O Ciclo inclúe unha serie de 5 concertos entre os meses de outubro e decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.