A ABE reivindica o comercio local na súa nova campaña de Nadal: “Regala Boiro!”

25 Novembro 2024

A patronal boirense (ABE) presentou este luns 25 de novembro a súa nova iniciativa de dinamización comercial e empesarial, baixo un lema que é unha pregunta directa a veciños e visitantes: Non sabes que regalar? Regala Boiro! Este é, de feito, o texto que acompaña a campaña de promoción dos bonos regalo ABE para este Nadal. O obxectivo é que tanto os veciños como as empresas utilicen os bonos da ABE para agasallar aos seus seres queridos ou no caso das empresas utilizalos como aguinaldo de Nadal para os traballadores e clientes. A patronal lembra que os bonos consisten “nunha caixa personalizada que inclúe vales de compra de 5€ e poden utilizarse nos 207 negocios asociados a ABE”. Por certo que os clientes poderán elixir a cantidade de cartos incluídas no bono, sempre en múltiplos de 5 euros.

A asociación explica tamén que “hai unha enorme variedade de negocios, dende téxtil, calzado, deportes e regalo a alimentación, produtos da praza de abastos, hostalería e gasolineira ou mesmo servizos coma masaxes, dentista ou fotografía”. Como novidade este ano estrearase a caixa con motivos do Nadal e con cada caixa vendida entregarase unha bolsa de bombóns de edición especial e limitada co corazón de Somos Boiro. Poden mercarse nas oficinas da ABE facendo a reserva por teléfono, correo electrónico, web ou de maneira presencial.

“Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute no pobo”, salientan dende a asociación, engadindo que na web da ABE hai unha sección específica con información detallada e un formulario para realizar a compra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.