25 de novembro, a Asociación de Mulleres da Barbanza organiza actos contra a Violencia

25 Novembro 2024

Entre as actividades organizadas pola Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación levará a cabo varias actividades na praza da Porta do Sol (a carón da Igrexa Parroquial de Santa Uxía) de Ribeira e máis na praza do Concello, actividades convocadas para honrar a memoria das vítimas da violencia machista. Contarase (na Porta do Sol) coa colaboración de Somos Human@s Somos Refuxio e BDS Barbanza, a renderase un tributo especial ás mulleres palestinas. Logo a concentración trasladarase á Columna das Vidas Fendidas onde será descuberta unha placa en memoria de Andrea Yturry Alave (moza asasinada este ano pola súa ex parella en Palmeira) e de todas as vítimas da violencia machista.

Previamente ás 12 da mañá participarán no acto institucional do concello na Praza de España. Xa as 13.15 descubrirase unha placa en memoria de Andrea Yturry Alave, asasinada en Palmeira o pasado 19 de marzo, e de todas as vítimas da violencia machista.

Organiza a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) coa colaboración do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.