Un equipo de Ribeira obtén un recoñecemento no certame tecnolóxico Argallando.gal

27 Outubro 2024

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entregaron no serán deste venres 25 de outubro os premios Argallando.gal, iniciativa desenvolvida este ano dentro do programa de fomento de vocacións tecnolóxicas entre a rapazada Techkids, baixo o lema deste ano Argallando entre xeracións.

O acto celebrouse no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura en Santiago e contou coa asistencia dos premiados e representantes do CPEIG (o vicesecretario Roberto Vieito, o secretario Juan José González, e o vogal Iván Luis Vázquez) e da axencia autonómica AMTEGA.

28 sesións

Na procura da colaboración interxeracional para a resolución de diferentes retos tecnolóxicos, desenvolvéronse 28 sesións de ensinanza tecnolóxica (de deseño e impresión 3D, programación, robótica, drons e Realidade Virtual), dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, entre os meses de setembro e outubro polas diferentes aulas CeMIT de Galicia que voluntariamente solicitaron participar e no GaiásTech, así como a organización do concurso de proxectos.

Os equipos participantes no certame desenvolveron proxectos creativos nos que se fusiona a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista, aportando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. Outorgáronse premios nas seguintes categorías:

-Xigante Argalleiro: aquel proxecto que, con carácter global, destaque sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade. Foi dar a Maximiño (Miño en Xogo) da Aula CeMIT de Fisterra, equipo formado por Carla Martínez Suárez, Carla Miñones Santos, Constanza Muíño Fuentes, Enmanuel Villar Deus e Leticia Vázquez Castiñeira).

-Nubeiro Tech: aquel proxecto que empregue a tecnoloxía como eixo principal dunha forma especialmente interesante ou que sobresaia pola súa complexidade técnica. Este premio foi compartido por dous equipos: Os Medulianos (por O Vencedor Breogán), de Castrelo de Miño (formado por Marcos Suárez Gil, Gabriel González Pinal e Oliver García Méndez); e Uxía Martínez Campaña (por Admiración pola nosa cultura) de Catoira.

-Arbore Senlleira: aquel proxecto que resulte da colaboración interxeracional entre participantes de idades moi diferentes e que pertenzan a diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes, etc.). Este galardón recoñeceu a Fabián González, de Cuntis, por Meiga Gañadora. Tamén distinguiu ao Equipo ALA de Guitiriz por A lenda da torta de millo (formado por Adriana García Losada, Aitor García Losada, Lucía Santos Abad e Isabel Pérez Castedo); a Adrián Montero de Ribeira por Trinidad; e a Sofía Vidal e Loaira Tejero de Catoira por Mapa interactivo de Catoira.

-Proxecto Serea: aquel proxecto que, ben polos seus contidos, ben pola súa presentación, logre transmitir dun xeito máis didáctico e atractivo algún elemento da cultura galega. Distinguise nesta categoría ao equipo Estrela Michelín por As estrelas da cociña galega, de Sigüeiro, formado por Antonio Figueira Portela, Noé Giadás e Adriana Couselo Benítez; e tamén a Sabela González, por Bolboreta, de Barreiros.

-E-Trasnada: aquel proxecto que consiga sorprender por exceder o inimaxinábel. Recoñeceuse a Vexeta nutricionista, por Meiga contra personaxe fantástico, da Cañiza, formado por Óscar Tenreiro, Ismael Sendín, Xoel Sendín e Stefan Markus Prenger.

Un xogo para coñecer a historia e a diversidade de Galicia

O equipo gañador do premio principal Xigante Argalleiro, Maximiño da Coruña, adscrito á Aula CeMIT de Fisterra, presentou un xogo para coñecer a historia, patrimonio, xeografía, igualdade e diversidade de Galicia. Para a súa construción, empregaron varias tecnoloxías e técnicas: madeira, NFC, cortadora láser, a radio, internet e reciclaxe. Todos os equipos gañadores recibiron un diploma acreditativo e un agasallo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...