Un dispositivo especial integrado por voluntariado, o Club Ciclista Barbanza, Protección Civil e Policía velará pola seguridade no Día da Bici en Boiro

01 Outubro 2024


O Concello de Boiro celebra este domingo 6 de outubro o Día da Bici que, segundo confirmaron dende o Consistorio, “contará cun dispositivo especial para garantir a seguridade durante o desenvolvemento da actividade”. O dispositivo foi debullado neste 1 de outubro durante a Xunta de Seguridade convocada para coordinar o desenvolvemento da proba, na que participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, a Policía Local, Protección Civil de Boiro e o Club Ciclista Barbanza.

O percorrido da proba é duns 14 quilómetros e terá saída ás 11.00 horas da praza de Galicia pola rúa principal e a avenida de Compostela ata a Agramuíña (Escarabote), onde se vai realizar o primeiro dos agrupamentos. Continuará por Barraña para tomar dirección Cabo de Cruz pola avenida de Barraña e o esteiro do Coroño.

En Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento e volverá a Boiro por Sestelo, o Seán, Exipto e a DP-1106 para chegar a Boiro e volver á praza de Galicia pola rúa peonil.

Para garantir a seguridade durante o desenvolvemento da proba o Concello de Boiro contará coa colaboración de persoal voluntario, o Club Ciclista Barbanza e tamén con Protección Civil e a Policía Local de Boiro. Durante o percorrido produciranse cortes puntuais de circulación para o paso do pelotón, que so ocupará un carril da vía para permitir a continuidade do tráfico rodado.

A actividade está destinada a maiores de 6 anos polo que non se permite o uso de bicicletas con rodiñas de apoio e o seu obxectivo é “fomentar a convivencia e a diversión arredor deste vehículo popular entre nenos e adultos que, ademais de promover a actividade física contribúe e un transporte sostíbel”.

A actividade está promovida por La Voz de Galicia, conta co patrocinio da conserveira local JEALSA e coa colaboración do Club Ciclista Barbanza, Daniel Ríos, Chicolino e Autos R. Outeiral.

As inscricións para participar están abertas e poden facerse ata o venres día 4 de outubro ás 12.00 horas no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, situado na Casa da Cultura, ou no correo electrónico deportes@boiro.org.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.