Servizos Sociais de Ribeira achega novos cursos vinculados á dependencia e á axuda no fogar

02 Outubro 2024

O tenente de alcalde, Vicente Mariño xunto coas técnicas responsábeis do departamento de Servizos Sociais, presentaron este 2 de outubro dous novos cursos vinculados á dependencia e a axuda ao fogar; ademais deron conta das inscricións nos obradoiros para persoas maiores presentados o pasado 31 de agosto e que darán comezo o vindeiro 7 de outubro.

Mariño presentou un primeiro curso presencial de Prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar co obxectivo de proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais e fomentar a adquisición de habilidades nesa materia, mellorar a calidade do traballo destas tarefas de especial risco e sensibilizar na importancia da prevención para diminuír os accidentes laborais. As datas serán o 19 e 26 de outubro e 9 e 16 de novembro de 2024 de 09.00 a 13.00 horas nas aulas de formación Cristóbal Colón (rúa Cristóbal Colón s/n Ribeira).

As solicitudes para as 15 prazas do curso efectuaranse utilizando o formulario do departamento de Servizos Sociais. O prazo para presentar as solicitudes será a partir de mañá xoves día 3 de outubro ata o 11 do mesmo mes. As peticións presentaranse no departamento de Servizos Sociais de maneira presencial.

Vicente Mariño presentou unha segunda actividade formativa, O servizo de axuda no fogar acompañamento e asistencia persoal, un curso moi demandado, salientou o tenente de alcalde, quen recomendou e animou a todas aquelas persoas que queiran traballar neste eido que se inscriban curso, cuxos obxectivos son aplicar o modelo de Atención Integral e Centrado na Persoa, identificar os principios e dereitos que rexen ou modelo para aplicalos en domicilios e atender e acompañar de forma personalizada e flexíbel á persoa e proporcionándolle unha atención integral continuada. As prazas son 25 e a modalidade presencial. A formación inclúe 20 horas de contidos, a realizar en horario de 09:00 a 14:00 horas, os sábados 23 e 30 de novembro e 7 e 14 de decembro. As inscricións estarán abertas do 4 ou 15 de novembro.

Balance das inscricións dos obradoiros para persoas maiores

“O balance é moi positivo” segundo sinalou Mariño, “cabe sinalar o constante aumento do total de inscricións, cun 20% de incremento, pero destaca sobre todo o ascenso do número de homes, isto apunta a que se está avanzando na desfeminización dos obradoiros”.

O inicio das actividades dos obradoiros comezan o 7 de outubro, agás ximnasia adaptada que inicia o 14 de outubro, nestes obradoiros inscribíronse un total de 382 persoas, isto conforma un total de 781 persoas nos obradoiros:

-Aula sociocultural para maiores (estimulación da mente-memoria): 193

-Enriquecemento educativo (reforzo): 65 persoas,

-Lingua e cultura galega: 47 persoas

-Artes plásticas: 59

-Ximnasia adaptada: 250 persoas

-Taek-health: 119 persoas

-Conversa en Inglés: 48 persoas (novo Obradoiro)

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.